Saturday 18 de May de 2024

A Plataforma de Infancia de Galicia representa xa a 30 entidades do terceiro sector que traballan coa infancia


 

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2020. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia celebrou o martes 3 marzo, en Santiago de Compostela, a Asamblea Xeral de 2020.
Ademáis doutros puntos do orde do día, destacar a presentación do seu Plan de acción para este ano que inclúe varios obxectivos estratéxicos:

– A vertebración e afortalamento da POI Galicia
– A incidencia política e social polos dereitos da Infancia
– A promoción dos dereitos dos nenos e nenas e adolescentes e da participación infantil
– O impulso da comunicación interna e externa na POIG

Ademáis a Asamblea aprobou a incorporación de dúas novas entidades:

– Manaia, asociación galega de adopción e acollemento
– Centro de Desenvolvemento rural O Viso

Con estas incorporacións xa son 30 as entidades que forman a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia; a POIG é tamén a entidade que representa as entidades do terceiro sector que traballan coa infancia na comunidade galega no recién constituido Observatorio galego da Familia e Infancia.

Incidencia política
De cara as eleccións autonómicas do 5 de abril, a comisión de Incidencia Política da POIG está a traballar nunha lista de propostas para mellorar a situación da Infancia en Galicia para presentar aos responsables políticos que participan nestes comicios; está previsto tamén facer un análise dos programas dos partidos sobre Que recollen sobre infancia?

Por outra banda, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia impulsará este ano a creación dun Valedor/a da Infancia en Galicia, unha figura que xa está a funcionar en outras comunidades.